Curso práctico de hidrolatos e aceites esenciais
O Pazo de Mos acolle unha nova proposta formativa orientada ao coñecemento e aproveitamento das plantas aromáticas, cun enfoque práctico e accesible para todos os públicos.
Neste curso, as persoas participantes terán a oportunidade de achegarse ao proceso tradicional de destilación mediante o uso dun alambique de cobre, coñecendo de primeira man como se obteñen os hidrolatos e aceites esenciais. A sesión abordará tanto os aspectos técnicos da extracción como as aplicacións terapéuticas, centradas especialmente no romeu, unha das plantas máis representativas do noso entorno.
A actividade está pensada como unha experiencia de aprendizaxe, pero tamén de conexión coa natureza e cos saberes tradicionais, poñendo en valor prácticas que forman parte do noso patrimonio cultural.
Sábado, 11 de abril
De 10.30h a 13.00h
Pazo de Mos
Impartido por Mila Blanco Alonso
18€/persoa
Inscricións: 639 300 974
