O Pazo de Mos convértese esta fin de semana nun punto de encontro onde a cultura, a música e a gastronomía se dan a man para ofrecer unha experiencia completa, pensada para todos os públicos.
Tradición en Camiño – IV Edición
O domingo 26 de abril, o Camiño de Santiago ao seu paso por Mos volverá cobrar vida coa celebración da IV edición de Tradición
en Camiño, unha proposta que transforma o percorrido nun escenario vivo de música tradicional galega.
Grupos de gaitas e formacións musicais acompañarán ás persoas asistentes ao longo do traxecto, con diferentes paradas en espazos emblemáticos como a Capela das Angustias, o Albergue da Veigadaña ou o propio Pazo de Mos. Unha actividade que pon en valor o noso patrimonio cultural inmaterial e reforza o vínculo coa identidade local, facendo do Camiño unha experiencia participativa e emocional.
O sabor das Rías Baixas – Food Trucks
Os días 25 e 26 de abril, o Pazo de Mos acollerá tamén a campaña “O sabor das Rías Baixas”, impulsada pola Deputación de Pontevedra, que achega unha selección de food trucks con propostas gastronómicas inspiradas nos produtos e festas culinarias da nosa contorna.
Un espazo aberto para gozar da gastronomía de forma desenfadada, con opcións para todos os gustos e nun ambiente dinámico que combina lecer, turismo e promoción do territorio.
🕒 Horarios no Pazo de Mos:
12:00 – 15:00 h
18:00 – 21:00 h
Un plan completo
Este fin de semana é unha oportunidade perfecta para achegarse ao Pazo de Mos e vivir unha experiencia que combina tradición, música en directo e gastronomía local. Un plan pensado para compartir, descubrir e gozar do noso patrimonio nun ambiente acolledor.
