Skip to main contentSkip to footer

Curso de Arte Floral no Pazo de Mos

O Pazo de Mos acolle un novo obradoiro dentro do programa provincial Máis Xuntas, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra orientada a fomentar a participación, a formación e o benestar das mulleres a través de actividades culturais e creativas.

Nesta ocasión, propoñemos un curso de arte floral, unha actividade práctica e inspiradora na que as participantes poderán iniciarse na creación de composicións con flores, coñecer técnicas básicas e desenvolver a súa creatividade nun ambiente próximo, acolledor e participativo.

Un espazo para aprender, compartir e desconectar do día a día, conectando coa natureza e coa expresión creativa.

Público destinatario
Actividade dirixida prioritariamente a mulleres, promovendo a participación social, a creatividade e o encontro.

Inscrición
Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Máis Xuntas.

  • Cota de participación: 7 € por persoa
  • Poderá ser necesario achegar materiais segundo o desenvolvemento do obradoiro
  • A cota non será devolta, agás en casos de forza maior

Lugar
Pazo de Mos

Datas e horarios
Próximamente.