Skip to main contentSkip to footer

PARLADOIROS | Juan Lamas Alonso

O benestar, os hábitos e os límites invisibles
Este luns regresa unha nova sesión de Parladoiros, o ciclo de entrevistas e encontro da Fundación Pazo de Mos, cunha conversa arredor dun tema cada vez máis presente na nosa sociedade: a relación entre o benestar, os hábitos e as condutas adictivas.

Contaremos coa participación de Juan Lamas Alonso, director terapéutico de AGAJA, nun encontro que nos invita a reflexionar sobre como buscamos sentirnos mellor, como convivimos co malestar e que papel teñen o ocio, o consumo e os hábitos no noso día a día.
Vivimos rodeados de estímulos constantes. Algúns axúdannos a conectar, descansar ou disfrutar; outros poden converterse, sen decatarnos, en refuxios que nos afastan do que realmente necesitamos.
Porque o ser humano non só medra desde o confort: tamén aprende, cambia e evoluciona a través das dificultades e das preguntas importantes.

Nun contexto onde o entretemento e o consumo ocupan cada vez máis espazo, esta conversa propón unha mirada próxima, humana e reflexiva sobre os límites, o equilibrio emocional e a importancia de entender o que nos pasa.
A sesión estará presentada por Montse Martínez Muiños e contará coa participación musical de Ana Belén Rodríguez.

Auditorio do Pazo de Mos
Luns, 11 de maio
20.00 h
Reserva a túa praza:
https://forms.gle/5hhJQPW7Z6Yoypk16