Skip to main contentSkip to footer

Aquí faltan páxinas

O Pazo de Mos acollerá a charla “Aquí faltan páxinas”, con Corona González Santos

A Fundación Pazo de Mos continúa apostando por actividades que promovan a reflexión, o encontro e a visibilización de referentes femininos dentro da cultura, a educación e a participación social.

Neste contexto, o Pazo acollerá a charla “Aquí faltan páxinas”, a cargo de Corona González Santos, unha proposta que invita a revisar os relatos que herdamos, as ausencias históricas e a necesidade de construír unha memoria máis completa, diversa e inclusiva.

A actividade enmárcase nunha liña de traballo centrada na recuperación de voces, experiencias e achegas que durante moito tempo quedaron fóra dos espazos principais de recoñecemento. Un encontro pensado para dialogar, compartir reflexións e abrir novas preguntas arredor da representación, a cultura e a transmisión do coñecemento.

Desde a Fundación entendemos estes espazos como lugares de encontro interxeracional e comunitario, onde a palabra, a experiencia e o pensamento crítico contribúen tamén á transformación social e á creación de referentes próximos para as novas xeracións.

Auditorio Pazo de Mos
Actividade aberta ao público ata completar aforo.