Skip to main contentSkip to footer

TRAD | XXII Xornadas Forestais e Micolóxicas

Hai un bosque que non se ve. Baixo o monte de Mos, fíos de fungo conectan raíces e sosteñen a vida de todo o que medra enriba. Coa comunidade pasa algo parecido: o que a mantén unida non sempre está á vista.

As XXII Xornadas Micolóxicas de Mos volven para sacar á luz ese tecido. Durante unha semana, especialistas, veciñanza, familias e hostalería comparten o que saben do monte: como se coida, como se le e como se cociña. Despois de vinte e dúas edicións, a esencia é a mesma: aprender xuntos do territorio que nos alimenta.

Do pazo ao monte veciñal

Durante séculos, os pazos galegos organizaron a vida arredor da terra. Hoxe, o Pazo de Mos é patrimonio da veciñanza, e o monte tamén: xestiónao a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Salgueirón de Mos. Por iso estas xornadas encaixan aquí de forma natural.

Catro charlas, de luns a xoves ás 20.00 h

Día Charla Relator/a
Luns 2 «Servizos ecosistémicos» Xosé Covelo Míguez, enxeñeiro de montes e director da AFG
Martes 3 «O “problema da terra” na Galiza do século XXI e o papel dos montes veciñais» Edelmiro López Iglesias, profesor de Economía Aplicada da USC
Mércores 4 «Cogomelos: coñecer para desfrutar» Puri Lorenzo, bióloga especialista en micoloxía
Xoves 5 «A internet dos fungos nos bosques» Hugo Fernández Ricón [CONFIRMAR apelido], biólogo de Mycogalicia (PlantaeUVigo)

Reserva a túa praza no formulario en liña.

Venres e sábado: da cociña ao monte

  • Venres 6, ás 20.00 h. «Cociñando cogomelos», con José Luis Tomé, da Agrupación Micolóxica Brincabois.
  • Sábado 7, das 10.00 ás 13.30 h. Saída micolóxica para recoller e identificar especies con especialistas.

As prazas son limitadas. A inscrición e o pagamento fanse de forma presencial desde a charla do luns 2.

Domingo 8: a gran festa das Xornadas Micolóxicas de Mos

Xornada aberta a todos os públicos e pensada para vir en familia.

Hora Actividade
10.30 h Saída de herbas medicinais no sendeiro do río Louro
11.00–14.00 h e 17.00–20.00 h Mostra micolóxica e consulta aberta
12.00–15.00 h Gran Degustación de Cogomelos, coa Asociación de Bares e Restaurantes de Mos, e VI Micomercado
12.00 h Malvela, concerto
12.30 h Lana e os Bolechas, animación infantil
13.00 h Iago e Saray, concerto en pequeno formato
15.30 h Tarabellos, «Debulendo lendas»