Skip to main contentSkip to footer

Rondallas Fest

Música, cine e tradición no Pazo de Mos

Os vindeiros 12, 13 e 14 de decembro, o Pazo de Mos convértese no escenario do Rondallas Fest, un evento cultural que une música tradicional, cinema galego e participación comunitaria, nunha fin de semana chea de emoción e arte.

O sábado 13  arranca cun coloquio especial arredor da película Rondallas, coa presenza do seu director, Daniel Sánchez Arévalo, e parte do elenco. A sesión terá lugar no auditorio ás 12.30 h e incluirá tamén a actuación do grupo A Vacaloura Vermella, autores da canción orixinal da banda sonora.

O sábado 13, o festival abrirá oficialmente ás 16.30 h, cunha gran xornada musical que se estenderá ata as 21.30 h. Durante a tarde, subirán ao escenario 9 rondallas de toda a provincia, con intervencións especiais dos actores entre cada actuación. A anfitrioa do festival, a Rondalla de Santa Eulalia de Mos, tamén ofrecerá unha exhibición.

O domingo 14, o festival continúa coas actuacións das 9 rondallas restantes, mantendo o mesmo horario e espírito festivo.

Unha oportunidade única para gozar da tradición galega, da música en vivo e dunha película que pon en valor unha das expresións culturais máis singulares da nosa contorna.