100m² / 1076.4ft²
50- 60 Persoas
Espazo accesible
100m² / 1076.4ft²
50- 60 Persoas
Espazo accesible

Este espazo acolle ao longo do ano exposicións de pintura, escultura e artesanía de autores e autoras cunha traxectoria consolidada. Forma parte da programación cultural do Pazo e ten como obxectivo principal a difusión da cultura e do patrimonio galego, ofrecendo aos visitantes unha experiencia enriquecedora e atractiva, tanto para o público local como para os milleiros de peregrinos que percorren o Camiño Portugués.
A sala está composta por tres espazos contiguos que suman 100 m² de planta e 30 metros lineais de exposición nas paredes. As mostras programadas teñen unha duración habitual dun mes.