En Mos apréndese a bailar desde moito antes do que parece.
En 1998, unha nena da parroquia deu aquí os seus primeiros pasos nun grupo do Círculo Santa Eulalia de Mos. Chamábase Patricia Martínez. Anos despois converteríase en campioa do mundo de baile deportivo.
As clases de baile para nenos en Mos non son unha actividade extraescolar máis. Son unha escola: Coordinación, música, creatividade e amizade. Catro palabras que resumen o que ocorre nestas sesións.
Unha escola de baile, non un pasatempo
O baile de salón ten unha característica pouco coñecida: é unha disciplina codificada. Existe unha técnica internacional común, cos mesmos criterios en Mos, en Viena ou en Tokio. Postura, eixe, peso, condución. Nada queda á improvisación.
Iso convérteo nunha ferramenta educativa moi precisa. Unha nena que aprende a manter o eixe nun vals aprende tamén a controlar o seu corpo, a corrixirse e a progresar por etapas medibles.
E hai algo máis. Os bailes que compoñen a disciplina non naceron no mesmo sitio. O tango vén do Río da Prata. A samba, do Brasil. A rumba e o cha-cha-chá, de Cuba. O paso dobre, da tradición española. O jive, dos Estados Unidos. O vals vienés, da Europa central.
Aprender baile de salón é percorrer un mapa cultural. Cada peza trae consigo unha historia, un país e unha forma distinta de entender a música.
Dúas modalidades, dous días
O programa organízase en dous grupos independentes. Pódese asistir a un ou aos dous.
Baile infantil — os luns
Sesión de iniciación centrada no ritmo, a coordinación e a expresión individual. Trabállanse estilos variados, xogos de movemento e nocións básicas de música e espazo.
Horario: todos os luns, de 17.45 a 18.45 h.
Baile en parella para nenas, nenos e (pre) adolescentes — os xoves
Trabállanse os ritmos estándar e latinos, a conexión coa parella, o equilibrio e a técnica. Ensina algo pouco común: coordinarse con outra persoa sen falar, só a través do movemento.
É un grupo pensado tamén para a idade na que moitos deixan de facer actividades. Bailar en parella funciona precisamente aí: engancha porque require alguén máis.
Horario: todos os xoves, de 18.00 a 19.00 h.
Quen imparte as clases
Patricia Martínez Pereira é bailarina profesional, adestradora e xuíza nacional de baile deportivo. E é veciña de Mos.
Competiu en campionatos de Europa e do Mundo en Moscova, Viena, Copenhague, Tarragona ou China, e acumula dezanove títulos de campioa de España e o título mundial na súa categoría. Fóra da competición leva anos achegando o baile deportivo ás aulas: milleiros de nenos e nenas pasaron polos seus programas escolares.
Desde 2021 dá clase no Pazo de Mos.
Información práctica
Baile infantil: todos os luns, de 17.45 a 18.45 h.
Baile en parella: todos os xoves, de 18.00 a 19.00 h.
Idades: luns de 5 a 11 anos e xoves de 7 en adiante.
Descontos: para persoas asociadas e para irmáns e irmás
Recomendacións:
- Roupa cómoda, calzado (a convir) e botella de auga.
- Non é necesaria experiencia previa.
- Para o grupo dos xoves non fai falta vir con parella.
