Hai lugares que non se limitan a abrir as súas portas: convidan a formar parte dunha historia común. Iso é o que ocorre cada setembro no Pazo de Mos, cando o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia bota a andar un novo curso de actividades culturais no Pazo de Mos.
O traballo voluntario é, en si mesmo, patrimonio vivo. Sen el, tradicións como o baile galego ou a música de gaita non chegarían con tanta forza ás novas xeración
Un Pazo con historia, un curso con identidade
O Pazo de Mos non é un edificio calquera. É unha construción histórica, propiedade da veciñanza da parroquia de Mos, recuperada en 2008 para converterse en centro sociocomunitario.
Alí, entre os seus muros, o Círculo Santa Eulalia organiza cada ano actos de proxección propia, como o Festival Intercéltico ou a Festa do Codillo. Ao mesmo tempo, mantén vivo o patrimonio inmaterial a través do baile galego, das bandas de gaitas e da rondalla.
Matricularse nunha actividade do Círculo Santa Eulalia é unha forma de coidar o Pazo de Mos. Cada cota contribúe ao mantemento dun edificio histórico.
Facerte socio ou socia é unha forma sinxela de apoiar este proxecto colectivo.
Novidade: o obradoiro de Plantas medicinais, impartido por David Eyo, coñecido como “El hombre del bosque”. Vinte horas de formación, os xoves de 18.30 a 20.30h, para achegarse ao coñecemento tradicional das plantas da nosa contorna.
Información práctica
| Lugar | Pazo de Mos — Camiño da Rúa, 1, 36415 Mos (Pontevedra) |
| Matrícula | Aberta xa. Inicio das actividades entre setembro e outubro de 2026, segundo a disciplina. |
| Inscrición | Por correo electrónico (circulosantaeulalia@hotmail.com), por whatsapp (604 022 842) ou a través do formulario online. |
Actividades
| Actividade | Día | Inicio | Horario | Persoa asociada | Persoa non asociada |
|---|---|---|---|---|---|
| Baile galego | Luns | outubro | 20.00–21.30h | 3 € | 10 € |
| Hipopresivos | Luns | setembro | 19.00–19.45h | 45 € | 50 € |
| Teatro | Luns | setembro | 17.00–19.00h | 15 € | 20 € |
| Ioga | Martes | setembro | 9.45–10.45h | 22 € | 27 € |
| Ioga en cadeira | Martes | setembro | 11.00–12.00h | 22 € | 27 € |
| Pintura (nenos/adultos) | Martes e venres | outubro | 17.00–18.30h / 18.30–20.30h | 25 € | 30 € |
| Gyro | Martes | outubro (novo ingreso) | 18.30–19.30h ou 19.30–20.30h | 25 € (40 € en paquete) | 30 € (50 € en paquete) |
| Iniciación a percusión | Martes | outubro | 20.00–21.00h | 10 € | 15 € |
| Ximnasia de mantemento | Mércores | outubro (novo ingreso) | 10.30–11.30h | 19 € | 22 € |
| Costura e patronaxe | Mércores | setembro | 18.30–20.30h | 31 € | 36 € |
| Pilates | Xoves | outubro (novo ingreso) | 19.30–20.30h ou 20.30–21.30h | 25 € (40 € en paquete) | 30 € (50 € en paquete) |
| Coral polifónica | Venres | setembro | 18.30–20.00h | 3 € | 10 € |
| Iniciación a gaita | Venres | mediados de setembro | 19.00–20.30h | 10 € | 15 € |
| Banda de gaitas | Venres | mediados de setembro | 20.30–23.00h | 3 € | 10 € |
| Rondalla | Sábado, 26 de setembro | — | 19.30–21.30h | Gratis | 15 € (<18) / 25 € (>18) |
| Obradoiro Plantas medicinais | Xoves | mediados de setembro | 18.30–20.30h | 30 € | 30 € |
Aclaracións
- Os prezos calcúlanse cun grupo mínimo de alumnado. Se non se cobren as prazas, o Círculo resérvase o dereito de modificar ou cancelar a actividade, previo aviso ás persoas inscritas.
- No caso de Pintura, hai que indicar no formulario se se escolle martes ou venres.
- No paquete de Gyro e Pilates (un horario de cada), o prezo é de 40 € (asociada) e 50 € (non asociada).
Lémbrase que a cota de socios do curso 2026/2027 cóbrase en novembro de 2026 e debe estar abonada antes do 31 de decembro de 2026.
Agardámoste
O Pazo de Mos non se entende sen as persoas que o enchen de vida cada día: quen baila, quen canta, quen toca a gaita, quen cose ou quen simplemente busca coidarse en compañía.
Hai sitio para ti no Pazo de Mos. Só fai falta dar o paso. Ilusiónate!