Hai un bosque que non se ve. Baixo o monte de Mos, fíos de fungo conectan raíces e sosteñen a vida de todo o que medra enriba. Coa comunidade pasa algo parecido: o que a mantén unida non sempre está á vista.
As XXII Xornadas Micolóxicas de Mos volven para sacar á luz ese tecido. Durante unha semana, especialistas, veciñanza, familias e hostalería comparten o que saben do monte: como se coida, como se le e como se cociña. Despois de vinte e dúas edicións, a esencia é a mesma: aprender xuntos do territorio que nos alimenta.
Do pazo ao monte veciñal
Durante séculos, os pazos galegos organizaron a vida arredor da terra. Hoxe, o Pazo de Mos é patrimonio da veciñanza, e o monte tamén: xestiónao a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Salgueirón de Mos. Por iso estas xornadas encaixan aquí de forma natural.
Catro charlas, de luns a xoves ás 20.00 h
| Día | Charla | Relator/a |
|---|---|---|
| Luns 2 | «Servizos ecosistémicos» | Xosé Covelo Míguez, enxeñeiro de montes e director da AFG |
| Martes 3 | «O “problema da terra” na Galiza do século XXI e o papel dos montes veciñais» | Edelmiro López Iglesias, profesor de Economía Aplicada da USC |
| Mércores 4 | «Cogomelos: coñecer para desfrutar» | Puri Lorenzo, bióloga especialista en micoloxía |
| Xoves 5 | «A internet dos fungos nos bosques» | Hugo Fernández Ricón [CONFIRMAR apelido], biólogo de Mycogalicia (PlantaeUVigo) |
Reserva a túa praza no formulario en liña.
Venres e sábado: da cociña ao monte
- Venres 6, ás 20.00 h. «Cociñando cogomelos», con José Luis Tomé, da Agrupación Micolóxica Brincabois.
- Sábado 7, das 10.00 ás 13.30 h. Saída micolóxica para recoller e identificar especies con especialistas.
As prazas son limitadas. A inscrición e o pagamento fanse de forma presencial desde a charla do luns 2.
Domingo 8: a gran festa das Xornadas Micolóxicas de Mos
Xornada aberta a todos os públicos e pensada para vir en familia.
| Hora | Actividade |
|---|---|
| 10.30 h | Saída de herbas medicinais no sendeiro do río Louro |
| 11.00–14.00 h e 17.00–20.00 h | Mostra micolóxica e consulta aberta |
| 12.00–15.00 h | Gran Degustación de Cogomelos, coa Asociación de Bares e Restaurantes de Mos, e VI Micomercado |
| 12.00 h | Malvela, concerto |
| 12.30 h | Lana e os Bolechas, animación infantil |
| 13.00 h | Iago e Saray, concerto en pequeno formato |
| 15.30 h | Tarabellos, «Debulendo lendas» |
