Skip to main contentSkip to footer

Albergue de peregrinos

A asociación que xestiona o albergue de peregrinos Santa Baia de Mos realiza unha importante labor de dinamización na contorna, ademais contribúe á conservación do patrimonio histórico.
Este Camiño comeza en Galicia por Tui, antigamente cando os peregrinos chegaban a Valença do Minho cruzaban o río en barca ata o porto do Penedo
(hoxe praia da Fábrica), ata que en 1884 se construíuse a ponte para o ferrocarril, un bo exemplo da enxeñería en ferro do s.XIX. A cidade de Tui é un dos puntos máis importantes desta ruta.
O camiño entra en Mos polo sur, percorrendo distintas parroquias nas que  pódese gozar da natureza, cultura e historia que o niso concello ofrece.

A vía romana que comunicaba Braga con Astorga vai coincidindo en boa medida ca Camiño Portugués.
En Galicia crúzanse centos de camiños, ríos e regatos, onde hai un amplo conxunto etnográfico e é posible admirar en cada recodo muíños, cruceiros, lavadeiros e canastros que reflexan a nosa riqueza patrimonial. Unha das primeiras referencias documentais da palabra Mos aparece nas actas do concilio do ano 569, antes de establecerse o primeiro señor de Mos en 1552, e dise que preven do latín molis, pedra de moer.
A acollida ao peregrino é precisamente unha das características fundacionais da rede de albergues públicos do Camiño de Santiago.

A viaxe

O camiño portugués, antano Calzada Real e antiga vía romana, se popularizou, sobre todo, a partir do século XII trala independencia de Portugal. Reís, nobres e altos clérigos contribuíron a asentar unha gran devoción xacobea, como a célebre de dona Isabel de Portugal, a “Raíña Santa”, no século XIV, que ofreceu ante o altar de Santiago a súa corona e foi enterrada cun bordón de peregrina.

Hoxe, como onte, o espírito de acollida segue moi vivo nesta terra. No corazón de Mos, o noso albergue ofrece un espazo de descanso pensado para o benestar das persoas camiñantes, cunha estrutura accesible, integrada na contorna e equipada para acompañar esta experiencia vital que é o Camiño.

As estancias
  • Andar baixo, adaptado (6pax.)
  • Andar medio, dous espazos (16pax.)
  • Andar alto, cinco espazos de distintas capacidades (15pax.)

Que información necesitas para a túa etapa a Mos?

Estamos aquí para axudarche. Podes escribirnos para consultar horarios, funcionamiento do albergue ou chegada de grupos.
Importante: o albergue funciona por orde de chegada que depende sempre do horario de chegada segundo a tempada.

Horario

Chegada recomendada:  13.00 -15.00h.
Horario de admisión: 13.00 – 21.00h.
Hora de saida: Antes das 08.00h.

Custe

10,00 € persoa/noche
en efectivo ou tarxeta

Facilities

Aluguer de sábanas de algodón: 3,50€
Aluguer de toallas: 2,00€
Manta polar: 7,00€

Tramos

Tui – Mos: 25 km.
Mos – Pontevedra: 28 km.
Pontevedra – Caldas de Reis: 23 km.
Caldas de Reis – Padrón: 18 km.
Padrón – Santiago: 25 km.

Servizos

  • Restauración, a 10 mtrs.
  • Tenda do peregrino, a 20 mtrs.
  • Frutería, a 400 mtrs.
  • Farmacia, a 250 mtrs.
  • Podoloxía, a 20 mtrs.

Instalacións

Auga quente
Dúas cociñas con utensilios
Comedor
Roupa de cama desechable (non mantas)
Duchas
Internet / wifi en zonas común
Lavadero
Lavadora de moedas
Secadora de moedas
Tendedero
Calefacción
Camping para peregrinos
Edificio histórico
Programación cultural
Zonas comúns

Guías útiles