Charla práctica dos profesionais de NEUREM- Centro de Neurorehabilitación en Vigo
Nun contexto no que a saúde mental e neurolóxica cobra cada vez máis relevancia, o Pazo de Mos acolle esta charla práctica centrada no coidado do cerebro ao longo da vida.
A sesión ofrecerá ferramentas útiles e recomendacións baseadas na evidencia para mellorar hábitos diarios que inflúen directamente no benestar cognitivo. Trataranse cuestións relacionadas coa prevención, o estilo de vida e o impacto das rutinas na saúde cerebral, nun formato próximo e aberto á participación.
Ademais, habilitarase un espazo para resolver dúbidas, favorecendo o diálogo directo entre as persoas asistentes e o equipo profesional.
Mércores, 13 de maio ás 19.00h. no Auditorio do Pazo de Mos
Entrada libre ata completar aforamento
Máis Información: 639 300 974
Reserva no formulario
Deixa a túa información para mellorar a xestión do evento e facilitar o traballo de accesibilidade ao persoal.
