Skip to main contentSkip to footer

Colaboracións que fortalecen o proxecto Parladoiros

A cultura e os espazos de encontro constrúense tamén a través das redes de colaboración que fan posible crear comunidade arredor de valores compartidos.

Nesta última edición de Parladoiros reflexionamos sobre os hábitos, o entretemento, o consumo e os retos sociais que afectan á convivencia actual, abrindo un espazo para o diálogo, a participación e a conciencia colectiva.

O encontro serviu tamén para reivindicar a importancia de impulsar modelos máis humanos, sostibles e conectados co territorio.

Neste camiño, contar co apoio de proxectos comprometidos coa comunidade resulta fundamental para seguir facendo da cultura un lugar desde o que compartir, medrar e fortalecer vínculos.

Queixos Hoxe

Nos Parladoiros tamén hai espazo para compartir arredor da mesa e converter a conversa nun encontro máis próximo e humano.

Queremos agradecer a colaboración de Queixos Hoxe, unha iniciativa comprometida coa economía local e co apoio ás pequenas explotacións familiares vinculadas á economía social.

A súa participación achegou non só produto local de calidade, senón tamén unha maneira responsable de entender a produción e o consumo, fortalecendo o tecido rural e produtivo da contorna.

 

Eva Varela Bioterapias i Esencias

Parladoiros continúa creando espazos onde cultura, pensamento e benestar conectanse co coidado das persoas.

Agradecemos a colaboración de Eva Varela Bioterapias, un proxecto que acompaña á comunidade na procura de hábitos, coidados e ritos ligados á nosa memoria colectiva, como o lume a través do seu proxecto Esencias.

Nun contexto cada vez máis acelerado, recuperar espazos de pausa, escoita e atención ao cotián convértese tamén nunha forma de convivencia e saúde colectiva.

O seu enfoque próximo e humano contribúe a facer do coidado unha práctica accesible, conectada coas necesidades reais das persoas e coa vida diaria.

A colaboración de iniciativas comprometidas co territorio e coas persoas permite seguir construíndo uns Parladoiros vivos, participativos e conectados coa comunidade.