Un verán para aprender, convivir e medrar
A Fundación Pazo de Mos abre unha nova edición de Concilia no Xardín do Pazo, un programa de conciliación familiar e educativa pensado para que nenos e nenas vivan un verán diferente: activo, creativo, natural e cheo de experiencias compartidas.
Durante seis semanas temáticas, o Pazo converterase nun espazo de descubrimento, convivencia e aprendizaxe práctica, combinando actividades ao aire libre, dinámicas de grupo e obradoiros adaptados ás distintas idades.
As temáticas deste ano serán:
-Cohesión, inclusión e servizo
-Artes
-Ciencia
-Deportes
-Linguas
-Saberes e tradicións
O programa contará tamén coa colaboración de persoas voluntarias, profesionais e especialistas de diferentes ámbitos, achegando experiencias vinculadas á ecoloxía, inclusión, orientación, inglés, baile deportivo, capoeira, química, arquitectura, traballo en equipo e outras propostas especiais.
As actividades organizaranse principalmente por grupos de idade, favorecendo tamén momentos compartidos entre maiores e pequenos/as para fomentar valores como a cooperación, a autonomía e a convivencia.
Ademais, os/as participantes de maior idade (13-14 anos), dentro do programa Tigres – Programa Pioneiras, poderán asumir pequenas responsabilidades adaptadas á súa idade, iniciándose en habilidades de acompañamento, monitorado e dinamización de grupos.
As familias poderán solicitar o Bono Concilia da Xunta de Galicia para este servizo. Desde a Fundación facilitaranse os certificados necesarios e ofrecerase apoio na tramitación da solicitude.
Lugar: Pazo de Mos
Horario: de 8.45 h a 14.15 h
Máis información: 639 300 974
Prazo de inscrición: ata o 7 de xuño
Un proxecto pensado para acompañar ás familias e crear un verán cheo de aprendizaxe, natureza, vínculos e comunidade.
