Skip to main contentSkip to footer

Estío | O xardín como espazo de benestar

Practicar ioga ao aire libre xa ten de seu múltiples beneficios demostrados: mellora da concentración, redución do estrés e maior conexión co entorno. Facelo nun xardín histórico como o do Pazo de Mos engade unha dimensión que vai máis alá do físico.

O Pazo de Mos é un dos referentes do patrimonio  da comarca. A Fundación que o xestiona traballa cada día para que este espazo sexa un lugar vivo, aberto á comunidade e ás persoas que buscan calidade cultural e benestar.

As sesións de ioga forman parte desa visión: un pazo que coida ás persoas e que ofrece experiencias con valor real.

Datas (mañá) 14 e 28 de xuño · ás 9:30 h
Datas (tarde) 9 e 23 de xullo · ás 20:00 h
Lugar Xardín do Pazo de Mos, Mos (Pontevedra)
Prezo 8 € por sesión
Inscrición WhatsApp: +34 639 300 974

 

Recoméndase traer esterilla propia, roupa cómoda e auga. En caso de choiva, consultar posibles cambios a través do WhatsApp de inscrición.