Skip to main contentSkip to footer

Festa da Rosa | Nova edición de Canto Conto

O domingo 7 de xuño, os xardíns do Pazo de Mos volverán encherse de música, xogos, animación e actividades familiares coa celebración da X edición de Canto Conto, unha cita xa consolidada dentro da programación infantil da Festa da Rosa.

Ao longo de toda a xornada haberá concertos, espectáculos, animación, obradoiros e espazos de xogo pensados para desfrutar en familia nun entorno aberto e participativo.

Programación destacada

Concertos

  • 12.00 h – Pakolas & Banda
  • 16.00 h – Brais das Hortas
  • 18.30 h – Arigato

Animación e espectáculos

  • 13.15 h – Escape Room participativo
  • 14.30 h aprox. – Animación de rúa co Grupo Xiada
  • 17.15 h – Malabarabilidades (espectáculo de malabares)

Actividades continuas

  • 12.00 – 16.00 h | Obradoiro de chapas
  • 14.00 – 19.00 h | Inchables
  • 15.00 – 19.00 h | Xogos populares e xogos xigantes
  • 15.00 – 19.00 h | Obradoiro de arxila

Durante a xornada haberá tamén postos de comida e bebida, incluíndo opcións sen glute.

Canto Conto continúa apostando por unha programación cultural e lúdica para a infancia e as familias, convertendo o Pazo de Mos nun espazo de encontro, creatividade e convivencia arredor da música e do xogo.