A Festa da Rosa volve converter Mos nun punto de encontro para a cultura, a tradición, a música, o deporte, a gastronomía e a participación veciñal ao longo de todo o mes de xuño.
A rosa de cinco pétalos, presente na historia e na identidade do noso municipio, segue sendo o símbolo arredor do que se reúnen asociacións, colectivos, artistas, entidades e veciñanza nunha celebración que cada ano medra en propostas e participación.
Quen visita Mos descubre axiña que a rosa está presente en moitos momentos da nosa vida diaria. É a historia que contamos ás persoas peregrinas cando selamos as súas credenciais, o símbolo que nos identifica como vila e unha pequena porta de entrada para comprender quen somos.
A nosa rosa procede do escudo dos Marqueses de Mos e da familia Quirós, formando parte da paisaxe simbólica do municipio desde hai séculos. Ao longo do tempo converteuse nun sinal de identidade compartida, un elemento que recoñecemos como propio e que nos une arredor dunha historia común.
Programación Festa da Rosa 2026
Venres 12 de xuño
A Rosiña Festa para Escolares
10.00 a 13.00 h | Praza do Concello
Lanzamento de foguete de inicio da Festa da Rosa
22.00 h | Praza do Concello
Orquestra Asia
22.00 h | Praza do Concello
Sábado 13 de xuño
Concurso de Rosas e Concurso da Empanada de Millo
-
Apertura e exposición
10.00 a 11.30 h
Misa Solemne na Igrexa de Santa Eulalia de Mos
-
Actuación do coro
-
Actuación da banda de música
10.00 h
Ofrenda Floral aos Marqueses de Mos
11.00 h
Acto Institucional da Festa da Rosa
-
Pregón a cargo de Xosé Antonio Touriñán
-
Nomeamento dos Valedores da Rosa de Mos
-
Inauguración da Feira do Viño Rosado de Galicia
-
Entrega de premios dos concursos
11.30 a 14.00 h
Exaltación da Empanada de Millo
A cargo da Asociación de Mulleres Rurais de Mos
Concertos:
-
Los Lunes al Sol (14.00 h)
-
Dani Barreiro (17.00 h)
-
Uxía Lambona (19.00 h)
-
Quinkillada (21.00 h)
Sábado 13 e Domingo 14 de xuño
Feira do Viño Rosado de Galicia – Xuntanza BaRes Mos
Coa presenza de adegas das denominacións de orixe de Galicia e da Asociación de Bares e Restaurantes de Mos.
Domingo 14 de xuño
12.00 a 21.00 h | Pazo de Mos
Concertos:
-
Os Mangacarballeiros (12.00 h)
-
Trío Somoza (13.30 h)
-
Peter Punk (18.00 h)
-
La Duendeneta (19.00 h)
Mos é Rosa. Mos é encontro, tradición e celebración compartida. Agardámosvos nunha nova edición da nosa festa máis emblemática.
