O vindeiro sábado 20 de xuño ás 21.30 h, o Pazo de Mos converterase nun escenario aberto para a moda, a creatividade e a solidariedade coa celebración de DesfilaMos, unha das actividades incluídas na programación oficial da Festa da Rosa.
O evento reunirá propostas de moda e deseño nun entorno único, combinando patrimonio, música e participación social nun desfile pensado para desfrutar dunha noite diferente nos xardíns do Pazo.
A iniciativa contará ademais cun carácter solidario, xa que as persoas asistentes poderán colaborar con MosAxuda achegando un alimento non perecedoiro.
DesfilaMos nace tamén como unha oportunidade para poñer en valor o talento creativo, a colaboración entre colectivos e a capacidade dos espazos culturais de Mos para acoller experiencias abertas á veciñanza e ao público visitante.
A actividade forma parte da ampla programación da Festa da Rosa 2026, unha cita que cada ano converte Mos nun punto de encontro arredor da cultura, a tradición, a música, o patrimonio e a participación social.
Data: Sábado 20 de xuño
Hora: 21.30 h
Lugar: Pazo de Mos
Reserva a túa praza:
Formulario de inscrición
