
Volve a Gran Festa PRE-FIN DE ANO a Mos!
O sábado 27 de decembro, Mos prepárase para vivir unha das festas máis esperadas do ano: a edición 2025 da Gran Festa PRE-FIN DE ANO, que este ano chega cunha vibrante temática Back to the 2000’s.
Tras o éxito da pasada edición, repetimos fórmula: orquestra en directo, DJs con sesións ata altas horas e unha inmensa carpa que acollerá centos de persoas con ganas de despedir o ano bailando e celebrando.
A festa terá lugar no Pazo de Mos, nun espazo ambientado para a ocasión, con entrada totalmente gratuíta, moita música e boas vibras aseguradas.
Servizos e aparcamento
Para facilitar o acceso e desfrute do evento, habilitaranse diferentes zonas de aparcamento:
-
No Pavillón Patricia Martínez (a poucos minutos do Pazo)
-
Na zona do Parque da Pesqueira
-
E un aparcadoiro adicional fronte á ferretería Pereiro, na estrada nacional 550 (Porriño a Redondela)
Lembrade que a festa comezará pola tarde e prolongarase entrada a noite. Animádevos a vir con looks inspirados nos anos 2000 para completar a experiencia!