As tres entidades que conforman o padroado da Fundación Pazo de Mos —a Asociación Veciñal Santa Baia, a Comunidade de Montes en Man Común “Salgueirón” e o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia— representan a forza do tecido social e veciñal que fixo posible a recuperación do Pazo como ben común. Xuntas, poñen en valor o patrimonio como recurso colectivo, cun modelo de xestión sostible, participativo e de utilidade pública.
Que facemos?
Últimos pasos
No ano 2008, o Pazo de Mos reabriu as súa portas tras unha importante rehabilitación promovida polas propias veciñas e veciños. O obxectivo era claro: recuperar un espazo con valor histórico e convertelo nun lugar útil para a vida cultural e social do municipio.
Durante a obra respectouse ao máximo a arquitectura orixinal, especialmente a ampliación de 1716 impulsada polo Marqués de Mos, mais adaptándoa ás novas necesidades de uso colectivo. Dende entón, o Pazo pasou de ser un edificio pechado a se converter nun punto de encontro para actividades culturais, educativas e comunitarias.
Moitas das persoas que hoxe lideran iniciativas no Pazo medraron participando en proxectos de barrio ou en asociacións locais. Ese coñecemento colectivo evolucionou en novas propostas que combinan tradición, innovación e compromiso coa contorna.
| 2025 | ” A rondalla Gran Sol sorprende interpretando «Thunderstruck» en «La revuelta»” – Tradición en clave de cambio. |
| 2025 | “Mos dedica un monumento á súa tradición micolóxica” – Tradición gastronómica local. |
| 2024 | “A Festa da Rosa se traslada ao Pazo de Mos tras medio século” – Retorno dun símbolo ao seu espazo patrimonial. |
| A Deputación de Pontevedra inclúe a iniciativa de Parladoiros na súa relación de actividades culturales e turísticas apoiadas na zona, subliñando o seu impacto social. – Exemplo de cultura participativa. | |
| 2022 | “A rosa e o trigo debuxan a historia do Pazo de Mos, plasman o paso do poder feudal o pobo nun mural” – Arte para contar o paso do poder ao pobo. |
| 2021 | “O albergue e a contorna do Pazo de Mos obteñen a Q de Calidade, consolidando a reputación turística do destino, no Camiño Portugués” – Distinción turística. |
| 2021 | Os exteriores do Pazo de Mos acolleron o desfile e concurso de deseñadores noveis ‘DESFILAMOS’ – Creatividade que cose redes |
| 2019 | “A obras de humanización promovidas pola Comunidade de Montes avanzan para transformar os espazos abertos anexos ao Pazo nun espazo natural de lecer público, con praza ampliada, zonas verdes, parque infantil, pérgolas, rosaleda e camiños que integran o patrimonio cultural e a vida veciñal.” – Rehabilitación dun espazo degradado. |
| 2018 | “Mos celebra o décimo aniversario do seu Arde o Pazo para expulsar ao exército de Napoleón” – Memoria a través da recreación e da participación cidadá. |
| 2017 | “Mos propón unha ruta pola súa historia e medio ambiente” – Inicio da posta en valor paisaxística e histórica. |
| 2016 | “A música, o cine e a oralidade, protagonistas da programación cultural no Pazo de Mos” – Diversificación da programación. |
| 2015 | Mos celebrará en setembro o festival folk “O Son do Pazo” – Promoción de novos creadores |
| 2011 | A Fundación adquiriu o inmoble coñecido como Pesqueira, un espazo dotado de instalacións para o xogo e lecer da infancia, situado nunha contorna natural pola que discorre o sendeiro do río Louro – Espazos que medra coa xente. |
| 2008 | “Os veciños recuperan o Pazo de Mos para convertelo en referente cultural do Concello” – Reapertura oficial do Pazo. |
| 2007 | “Un investigador reivindica a figura do Marqués de Mos” – Visibilización do valor histórico do edificio. |
| 2006 | “A Asociación de Veciños de Mos quere restaurar o palacio dos Marqueses” – Declaración pública de intencións. |
| 2004 | A Asociación de Veciños de Mos asina un convenio de xestión dun albergue de peregrinos na Casa Branca co Plan de Xestión Xacobeo S.A. para formar parte da rede pública de albergues do Camiño de Santiago. – Rede de colaboración público‑privada |
| 1996 | “As cousas de palacio van despacio” – Consolidación social e institucional do proxecto. |
| 1983 | “O palacio da nosa vila, doado aos veciños” – Inicio do proceso de recuperación veciñal do Pazo de Mos. |
| 1982 | Fundouse o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia traballando en prol da cultura, deporte e benestar de todas aquelas persoas e colectivos que deciden camiñar xunto a nós |
| Inicios s. XX | A propiedade do Pazo, en ruínas, que pertencera durante décadas a familias nobiliarias de Soutomarior, foi transferida por María Vinyals a Máximo Alonso, veciño da parroquia. |
| 1908 | O Pazo foi incendiado polas tropas francesas durante a ocupación napoleónica, e posteriormente abandoada calquera vontade de mantelo co secuestro do marqués. |
| Séculos XVI–XVIII | O Pazo dos Marqueses de Mos foi residencia da nobreza e epicentro do señorío local (orixe do escudo municipal). |
| ca.1258 | Aparece o nome nun manuscrito de información dos milagros de San PedroTelmo coa toponímia de molis, do latín pedras de moer. |
| ca. 569 | O Reino Suevo recolle no Parroquiale Suevum os primeiros asentamentos parroquiais, semente das actuais Comunidades de Montes en Galicia. |