O vindeiro 23 de xuño, o Pazo de Mos volverá celebrar unha das noites máis especiais do calendario galego cunha programación que combina coñecemento, tradición e convivencia.
A xornada comezará ás 19.00 horas na Granxa do Pazo de Mos cun Obradoiro de Aceites Esenciais e Oleatos, unha actividade práctica na que as persoas participantes poderán descubrir as propiedades de diferentes plantas aromáticas e aprender técnicas tradicionais para a elaboración de preparados naturais.
As inscricións poden realizarse a través do WhatsApp 639 300 974.
A gran noite de San Xoán
A partir das 20.30 horas dará comezo a tradicional Fogueira de San Xoán no Pazo de Mos, un encontro aberto para compartir unha das celebracións máis antigas e simbólicas da cultura galega.
Durante a noite haberá:
- Churrasco
- Bocadillos de chourizo
- Cervexa, viño da casa e refrescos
- Conxuro da Queimada
Como broche final, ás 22:30 horas, contaremos coa actuación do grupo de música popular Xógara, que amenizará a celebración cun repertorio inspirado na tradición musical galega.
Unha noite para celebrar xuntos
O San Xoán é unha festa ligada ao solsticio de verán, ao lume purificador e ao encontro comunitario. No Pazo de Mos queremos manter viva esta tradición creando un espazo para compartir, lembrar e desfrutar do patrimonio cultural inmaterial que forma parte da nosa identidade.
Agardámosvos para vivir unha noite máxica arredor do lume, da música e da amizade
