Hai anos, cando as labores e a costura aínda se entendían moitas veces como un simple pasatempo do cotiá, un grupo de mulleres decidiu converter aquel encontro semanal en algo moito máis grande: un espazo de aprendizaxe, creatividade, apoio mutuo e expresión persoal.
Así naceu no Pazo de Mos un grupo que foi medrando arredor da costura como forma de crear, compartir e relacionarse. Da man da súa profesora, Flora Alonso, o patronaxe e o deseño deixaron de ser só técnica para transformarse tamén nunha maneira de mirar a vida e entender ás persoas, nun patrón cada peza debe atopar o seu lugar, tamén nas relacións humanas é importante aprender a escoitar, adaptarse e construír en común.
Co paso do tempo, aquela pequena iniciativa converteuse nunha experiencia colectiva que foi collendo forma propia. Chegaron os desfiles, e non moi más tarde conquistou outras xentes e espazos. Hoxe medra como un concepto que vai moito máis alá da moda.
Nesta edición, o Pazo transformarase nun espazo onde as prendas contan historias, onde o proceso importa tanto como o resultado e onde a creación manual convive co patrimonio, coa identidade e coas emocións.
Unha vez máis un desfile converterá os xardíns do Pazo nun percorrido cheo de pequenos relatos, referencias a María Vinyals, detalles simbólicos e momentos para parar, observar e disfrutar doutro ritmo.
Reserva aquí a túa praza: https://forms.gle/Xi9t4Qdeo3bEwgQD9
