Skip to main contentSkip to footer

TRAD | O Son do Pazo 2026

Nunha banda de gaitas non se pregunta a idade. Ensaia unha rapaza de quince anos ao lado dun home que leva corenta tocando, e os dous aprenden algo. Ese é o motor silencioso deste festival.

O Son do Pazo 2026 chega á súa XI edición os días 29 e 30 de agosto, e chega co que mellor sabe facer: dous días de música tradicional, deporte rural e baile no Pazo de Mos, con entrada de balde.

Detrás non hai unha promotora. Hai xente da pobo organizándose.

Un festival de mocidade feito entre xeracións

A banda achega a xente nova, o pulso e o escenario; o Círculo achega a estrutura, a experiencia e a rede veciñal que sostén esta e moitas outras actividades ao longo do ano.

Non é un festival para a mocidade. É un festival da mocidade, feito co apoio de quen leva décadas mantendo viva a cultura de Mos.

O premio Mestre Machiño desta edición reforza esa idea: recae en Leni Pérez, pandereteira e recompiladora de tradición oral que pasou por Xirandela, Cantigas e Agarimos e Leilía. Alguén que dedicou a vida a recoller o que outras xeracións cantaban, para que non se perdese.

Programa

Sábado 29 — Ábrense as IV Olimpíadas Rurais ás  16.00h. e os pasarrúas de Nosa Terra de Pereiras ás 20.00h. Despois, os concertos: a Banda de Gaitas Airiños do Castelo como anfitrioa ás 21.00h., Ikusgarri Euskal Dantzak Taldea —grupo de danzas vascas que lle dá ao festival o seu carácter intercéltico— ás 21.55h., Faltriqueira, Comando Curuxás e, como cabeza de cartel, De Ninghures.

Domingo 30 — Mañá familiar con animación infantil de Brais das Hortas ás 12.00h., sesión vermú e obradoiro de baile tradicional con Adrián Méndez 13.10h., integrante de De Ninghures. Pecha Tres Pesos ás 14.20h.

Durante os dous días: mercado de artesanía, exposicións e actividades infantís.

Información práctica

Datas Sábado 29 e domingo 30 de agosto de 2026
Lugar Pazo de Mos — Camiño da Rúa, 1, 36415 Mos (Pontevedra)
Entrada De balde. Todos os públicos.

Ven con calzado cómodo: hai baile e hai Olimpíadas Rurais. É un plan de día completo e para todas as idades.

Organiza o Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos coa Banda de Gaitas Airiños do Castelo. Colaboran o Comunidade de Montes, Concello de Mos, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia e moitas máis empresas i entidades colaboradoras nas redes @osondopazo