Colaboración

Arte, patronicio e mecenado

Estamos nun municipio de 15.000h. habitantes, aos máis de 70.000 peregrinos que percorren a ruta do Camiño de Santiago portugués ao ano atópanse ao largo dela con múltiples rincóns e espazos galegas recoñecidos pala singularidade y autenticidade. O Pazo dos Marqueses de Mas, xestionado pala comunidade do lugar é un deles.
A Fundación Pazo de Mas traballa nunha serie de actividades e proxectos declararadas de interés cultural e na conservación do patrimonio.
O modelo co que traballamos é un modelo aberto, no que callen proxectos locais, onde cantas máis persoas se impliquen máis volve, máis fácil de difundilo, … e moito máis participativo é.
Coñécemos, e apoia a difusión do coñecemento da historia e arte dos pazos de Galicia, como elemento configurador da nasa identidade, e no seu mantemento.

As colaboracións nesta área permiten apoiar tanto a programación artística como o mantemento dun patrimonio histórico que acolle actividades abertas á comunidade nas seguintes liñas:

Eventos culturais
Apoio á organización de conferencias, parladoiros, encontros creativos, presentacións ou festivais. A colaboración pode destinarse á produción, loxística, comunicación ou uso dos espazos.

Colaboracións artísticas
Participación no desenvolvemento de proxectos culturais continuados, como ciclos de actividades, programas educativos, espazos creativos ou iniciativas vinculadas ao territorio e á memoria colectiva. Todas estas accións contribúen tamén ao mantemento do edificio e dos seus usos sociais.

Mostras e exposicións
Apoio á realización de exposicións temporais de carácter único. As persoas ou entidades colaboradoras poden:

Contribuír aos gastos de produción e conservación, adquirir obras expostas, ou integrar a súa achega nun marco xeral de colaboración cultural.

Rede de colaboración

Cultura que educa, espazos que unen

Patrocinio

O patrocinio formalízase mediante un acordo no que se recollen a contía da achega, os compromisos das partes e o destino dos fondos. As colaboracións poden orientarse ao apoio de actividades culturais concretas, ao uso dos espazos ou á conservación e mantemento do edificio, quedando recollidas nun Convenio de colaboración empresarial, conforme á normativa vixente.

Mecenado

O mecenado consiste nunha achega económica realizada por empresas ou particulares sen contraprestación directa. Estas doazóns destínanse ao desenvolvemento das actividades da Fundación e á preservación do patrimonio, podendo acollerse aos beneficios fiscais previstos na lexislación aplicable para entidades de interese xeral.

Parladoiros

Parladoiros é un lugar de encontro.
Durante dúas ou tres xeracións a memoria e a historia están moi ligadas, esta memoria non é simplemente contemplativa, nin está formada por información. Non pódese ser completamente obxectivo porque constitúe unha forma de conciencia, unha forma de identidade. Queramos ou non, saibamos ou non, somos responsables do que nos une colectivamente mañá.
Estamos feitos do que nos precedeu e, á súa vez, comprometemos o futuro. Queremos contar contigo para recuperar a nosa historia e memoria, animaste?
Protexemos e salvagardamos o patrimonio cultural.
Creamos escenarios de acollida, espazos históricos e áreas verdes e seguras de acceso ao público en xeral.

Compromiso coa excelencia cultural

Asociación Veciñal Santa Baia de Mos
Comunidade de Montes en Man Común “Salgueirón” de Mos
Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos

Concilia

O servizo de conciliación da vida persoal, familiar e laboral prestase, de forma flexible, esporádica e coas axeitadas garantías de seguridade e calidade.

Proporcionamos un espazo cálido, seguro e cercán que facilite a conciliación e ofrecemos unha proposta de lecer educativo, crítico, sustentable e respectuoso co medio ambiente e a nosa contorna sociocultural que atende ás necesidades e gustos da rapazada participante.

Únete

Cotas <18 anos
15,00€por ano
  • +20 actividades
  • Acceso a espazos seguros
  • Animación infantil e xuvenil
  • Canle de difusión RRSS

Criterios de participación

O Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos forma parte activa da vida do Pazo e está representado no Padroado da Fundación, participando nos procesos de reflexión, proposta e toma de decisións estratéxicas. A súa presenza garante a conexión directa coa veciñanza, o tecido asociativo e a memoria colectiva, contribuíndo a que o Pazo funcione como un espazo vivo, aberto e coherente coa súa función social, cultural e comunitaria.

Formar parte do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos permite participar activamente na programación cultural, social e festiva do Pazo de Mos, acceder a actividades propias e colaborativas, beneficiarse de condicións económicas vantaxosas e contribuír á conservación e dinamización dun espazo patrimonial de referencia para a comunidade. A pertenza ao Círculo reforza o vínculo co territorio e favorece a creación de redes sociais, culturais e interxeracionais.

As actividades están abertas tanto a persoas asociadas como a non asociadas. As persoas socias gozan de condicións económicas vantaxosas, acceso preferente a determinadas actividades e participación nas iniciativas propias do Círculo.
Para eventos concretos poderán establecerse cotas específicas, prazos de inscrición e límites de aforo.

A inscrición nas actividades realízase a través do teléfono ou correo electrónico do Círculo, ou contactando con calquera membro da directiva. As condicións de pagamento e prazos comunícanse previamente en cada actividade.

Todas as actividades están suxeitas a límite de prazas e ao cumprimento das normas organizativas establecidas, garantindo unha participación segura, ordenada e respectuosa para todas as persoas asistentes.

Accesibilidade

Intégrase de forma transversal nos nosos plans e  xestión, esencial para garantir unha inclusión real e efectiva. Abordámola desde unha perspectiva ampla —física, cognitiva, sensorial e comunicativa— incorporando linguaxe clara e adaptada nas visitas guiadas, materiais interpretativos accesibles, pictogramas para a sinalización dos espazos, eliminación de barreiras físicas e apoio mediante recursos tecnolóxicos cando é preciso.

As persoas usuarias e validadoras participan activamente na avaliación e mellora continua das medidas, mentres que a formación do persoal traballador e do voluntariado constitúe un valor fundamental para ofrecer unha atención respectuosa, en coherencia cun compromiso ético, social e cultural coa accesibilidade.

Camiño A Rúa, 1 CP.36415 Mos
Instagram

© 2025 – 2026Fundación Pazo de Mos