Descripción
Unha voz que xa coñeces da televisión. A poucos metros.
María Vidal fíxose coñecida en toda Galicia en Recantos, o concurso do Luar (TVG), e chegou a Recantos de Ouro, a edición que reuniu as mellores voces de nove anos de programa. Hoxe fórmase en Pianagrama, a aula de música de Mos e O Porriño.
No seu repertorio, bolero, ranchera e copla: Se nos deixan, Grítenme pedras do campo, Como unha onda. O cancioneiro que a emigración galega levou a América e devolveu convertido en memoria de familia.
Inclúe: acceso ao concerto completo. Sábado 3 de outubro de 2026 · 19:30 h · Auditorio do Pazo de Mos · 6 € · Aforo limitado
Tamén á venda no Pazo de Mos e en Pianagrama.




Reseñas
Aínda non hai valoracións.